1- Os erros xudiciais. As execucións de inocentes seguen sendo unha realidade frecuente nos nosos dias. Con 75 das 487 persoas executadas dende que en 1976 se restaurou a pena capital. O record tíñao Illinois, onde 9 das 11 condenas foron erradas.
2- Inxusta discriminación. A pena de morte recae sobre a minoría de recursos económicos, ademais esas persoas están en peores condicións para buscar unha nova defensa.
3- A inviolabilidade humana e perversión dos fins do sistema penitenciario. Quitar a vida supón renunciar á preeducación e reinspección social. Por moi grande que sexa o nivel de degradación dunha persoa esta nunca perde o dereito fundamental á vida xa que este é en primeiro dos dereitos humanos.
4- Nos paises onde existe a pena de morte non diminuíron ossecuestros, violacións, etc. a pena de morte non asusta aos delincuentes.
5- En vez dun avance á lei, sería un completo retroceso a 3000 anos antes. Isto é dende Cristo, aplicábase a lei do talión, ollo por ollo, dente por dente e en México e outros países xa aboliron a pena de morte porque non funcionou, e volver poñela sería retroceder.
A pena de morte máis que xustiza é unha Vinganza, xa que matar alguén non che recupera a quen o teu perdiches, non se pode falar de defender dereitos humanos violando un mesmo dereitos humanos...
6- Os políticos e demais personaxes pensan na pena de morte e discuten se é viable ou non obstante o problema quéreno resolver xa cando se cometeron os delitos, xa cando está unha persoa levando un xuízo "se o matan ou non" cando a sua obriga e tratar o problema antes de que se xuzgan; ver o mellor xeito de previr os delitos e non estar discutindo se matan o non á xente.
Nos sabía que había tantos erros... o peor de todo é que logo non hai marcha atrás!
ResponderEliminar